Música Tradicional Galega

OS MAIOS EN OURENSE

Traballo feito por Patricia Álvarez para a clase de Música Tradicional. 6º Curso de Grao Profesional

Os Maios en Ourense

AS SOCIEDADES FOLKLÓRICAS GALEGAS. HISTORIA

Traballo feito polos alumnos Diego Neira Sinde e Virginia Rosalía Liz Álvarez para a clase de Música Tradicional Galega.

6º Curso de Grao Profesional

http://www.slideshare.net/codax04/as-sociedades-folklricas-galegas-historia

Manifestacións musicais dentro do ciclo temporal do inverno

  O folclore consiste no conxunto de cancións, danzas, lendas, tradicións, supersticións…que constitúen o corpo de expresión dunha cultura, e caracterízase por transmitirse dunha xeración a outra por vía oral.

O folclore galego, ó igual que o folclore de outras comunidades, esta relacionado coas festas relixiosas, a gastronomía, as tarefas do campo de cada estación… Algunhas datas relevantes para o folclore galego son o Nadal, a Candeloria(o día 2 de febreiro),San Antón Abade, (17 de xaneiro), o Antroido….

Ímonos centrar no folclore do Nadal e do Antroido. De forma anecdótica, comentar que no día da Candeloria acéndense candeas para honrar ás animas dos mortos, e o día de San Antón Abade festéxase a fin da matanza do porco.

O NADAL

 A celebración do Nadal, ben coñecida por todos, transcurre dende o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro. Os festexos agrúpanse en torno a datas sinaladas:

Noiteboa(24 de decembro) Nacemento do neno Xesús

Nadal (25 de decembro)

Aninovo (1 xaneiro)

Reis (6 de xaneiro)

O folclore do Nadal podemos agrupalo en torno a estas datas, debido a que a súa temática está relacionada directamente có transcurrir dos festexos religiosos. Comezamos cunha clasificación dos cánticos deste tempo:

  •  Panxoliña

Aínda que na linguaxe cotiá considérase que o termo panxoliña e vilancico son sinónimos, isto non é o que ocorre en realidade. Unha panxoliña é unha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal. Pola contra, os vilancicos son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.

 ex.de panxoliña:

“Vinde, vinde rapaciños/vinde vinde os homes todos…”.

  • Vilancico

 

  • Arrolo

É unha panxoliña de temática concreta, o arrolo do neno recén nacido.

Quen ten filliños pequenos

sempre lles ha de cantar;

A Virxe canta, mais canta

con voluntá de chorar.

cantar que a Virxe canta

cando arrola ao seu Neniño

Meu caravel, miña rosa

meu bico de paxariño”.

 

  • Aguinaldo

Caracterízanse polo seu sarcasmo e enxeño. A petición do aguinaldo sempre é irónica e ás veces desafíase a xenerosidade dos veciños.

  • Romances

Distínguense do resto dos cantos de Nadal polo seu carácter descritivo. Case sempre relatan a historia previa ao Nacemento do neno.

  • Aninovos, xaneiras.

Cántanse no primeiro de ano e agochan supersticións e conxuros, por estar vencellados ás festas do solsticio.

  •  Manoeles

Están moi vencellados aos anteriores, tamén se cantan o primeiro de ano, día de San Manuel.

  •  Os Reises

Son as cantigas da festividade dos Reis Magos e tamén son similares aos aguinaldos ou aninovos.

A gastronomía no Nadal

 Moitos serán os galegos que neste Nadal, unha vez máis, poñan na súa mesa unha boa fonte de bacallau con coliflor. Esta receita, que xa hai ben tempo se espallou de cara a evitar o consumo de carne nas datas de vixilia, rematou por converterse en tradición.

 

bacallau con coliflor

    Outros elementos do folclore: Danzas de Nadal, Aninovo e Reis: interprétanse acopladas na liturxia.

 

 

Transmisión oral

As lendas e supersticións son un elemento fundamental do folclore galego. A súa tradición transmítese de xeito oral de xeración e xeración, durante os longos seráns de inverno, a realización das tarefas do campo…

Unha das lendas máis tradicionais é a do lobishome.

A tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos varóns sen que nacera femia ningunha polo medio, o derradeiro quedará marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome, fuxindo para o bosque por un período de sete anos (aínda que segundo as zonas pode variar entre seis e nove anos),e nese tempo non pode ser ferido nin capturado. Con todo na tradición galega tamén existe o neno que nace xa cos síntomas do lobishome e que padece ciclicamente os síntomas.

A figura do lobo e do lobishome tivo unha forte pegada na cultura e o folclore galego, por ejemplo na toponimia( Lobeira, Forca do lobo,…) e na literatura (como “O lobo da xente” , de Vicente Risco ).

Ademáis, moitas destas lendas e contos transmitíanse de forma cantada, como cantigas de serán, de sega….

O refraneiro

 O refraneiro popular galego transmite a sabiduría ancestral sobre os sucesos da estación (meteoroloxía, gastronomía…)

  •  Decembro:

A castaña no Nadal, sabe ben e parte mal”

Unha superstición moi típica é a do tizón de Nadal, acendido dende Noiteboa ata Aninovo para protexer as casas das treboadas.

  •  Xaneiro:

En xaneiro, a verza sabe a carneiro”

Un exemplo de superstición de este mes son as denominadas sortes, que son os 12 primeiros días do ano e que en teoría determinan o tempo de tódolos meses do ano.

As resortes: Son os 12 seguintes días de xaneiro, e constitúen o contraponóstico respecto o vaticinado polas sortes(e considéranse máis fiables).

  • Febreiro:

Auga de xaneiro enche o graneiro”

Unha tradición típica de febreiro é a da Candelaria(explicada previamente).

  • Marzo:

Día de san Xosé, primeira anduriña se ve”

Unha tradición deste mes, que non é unha superstición senón un producto da sabiduría popular adquirida durante xeracións e xeracións, é a poda das árbores en función da lúa.

 O ANTROIDO

 O antroido é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Corema.

Este festexo coñécese tamén como carnaval, que tamén é un termo galego, ou có francés mardi gras, literalmente “martes graxo” (derivado de graxa, touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo “carnaval” (así no Brasil). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.

As súas datas fundamentais, por orde, son:

Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta data é costume que os veciños se manchen uns ós outros con “borralla” ou “farelo”, a fariña de peor calidade.

Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.

Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.

Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os “Testamentos” do Entroido e entérrase a representación da festa.

Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña

Destácanse o Entroido de Verín, Laza, Xinzo da Limia, Manzaneda, Maceda, Viana, Sarreaus, Vilariño de Conxo, Ulla, etc.

 A gastronomía do Antroido

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno.

Cantigas de Entroido

Entroido larafuceiro
Comechesme a carne
E deixachesme o coiro.

Eu queria comer un coello
Estes dias de carnaval
O sábado de carnaval fun de caza
Entre as pernas dunha nena
Enterrouseme un coello
E cunha pistola que eu tiña
Tireille un tiro
Con esa monada
Comin coello estés días do carnaval.

As mociñas as de Furco
Estiberon xuntas o sábado de carnaval
Para ver como facian
Estés días do carnaval.

 

Traballo feito por:

Iria Salvadó López

e

Marina Iglesias Sánchez

6º Curso de Grao Profesional

FESTA DOS MAIOS.

Traballo realizado por Cristina Negreira, Belén López e Eva zamora para a clase de “Música Tradicional Galega” de 6º curso de Grao Profesional.

MANIFESTACIÓNS MUSICAIS DENTRO DO CICLO TEMPORAL DO VERÁN

No período estival podemos atopar diferentes manifestacións musicais, heteroxéneas debido á ampla causalidade polas que xurden. Este tipo de manifestacións populares aparecen en todas as actividades agrícolas realizadas no período estival. Por outro lado tamén son salientables as vencelladas ás festas populares ou patronais, tanto relacionado coa música vocal como coa música intrumental e de danza.

Comezaremos por presentar as diferentes labores agrícolas propias deste tempo de verán: As máis destacables van a ser os traballos do trigo, do millo, do liño e as muiñadas.

O TRABALLO DO TRIGO

No caso da labor do trigo, e seguramente en todos os cereais de baixo porte, o proceso de sementar vai a ser moi semellante, por exemplo no caso do trigo: podemos dicir que se pranta en decembro, sementándose tradicionalmente a man, e calculando a medida equilibrada (sóese dicir que é de un ferrado de semente para 10 ferrados de terreo). No mes de agosto, o cereal está listo para segalo, a man con fouces.

A esta labor chámaselle a seitura ou sega. Hoxe en día coa mecanización do campo, este traballo facilitouse pero a costa da tradición mancomunitaria que unha labor deste calibre necesitaría. Adxuntamos un enlace dunha festa que honra este tipo de traballo tradicional, particularmente en Queiroás, moi preto de Allariz. [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/z8feOd-n0Ik" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dentro das manifestacións musicais ligadas ás labores do trigo, podemos ver unha transcripción dun canto popular de sega:

CARACTERÍSTICAS DO CANTO
Trátase dunha melodía vocal, sen acompañamento e cantada a solo (por un solo intérprete) mentres se realiza a tarefa da sega. A súa modalidade é a de mixolidio cunha 6ª menor. O ritmo que presenta é libre, con pequenas cadencias ao final de cada verso. Tamén son reseñables as prolongacións iniciais de cada frase, que confiren á obra dunhas particularidades propias de interpretacións solísticas, como pode ser o estilo declamatorio, silábico ainda que presenta melismas cadenciais.

O análise do texto permite ver que se trata dunha cuarteta octosilábica, na que os versos primeiro, terceiro e cuarto se repiten formando unha estructura “aabccdda”.

Todo lo cría la tierra
Todo lo come el sol
Todo lo puede el dinero
Todo lo vence el amor

A forma musical e a forma textual non se corresponden na súa forma, pois os motivos musicais varían ainda que se repitan os mesmos versos. Sendo ésta á súa correspondencia:

TEXTO: a a b c c d d a
MÚSICA: A B C A B C D E

Na labor da sega era necesaria moita xente, como era o caso do arrieiro (o que cargaba no seu carro a palla para levala ó palleiro, ademais de portar o viño, pedras… e todo o que fixese falta).

Os cantos de sega están hoxe en día perdidos na zona leste de Lugo. A cercanía con Asturias dota a este canto de particularidades propias. Un ejemplo deste canto atopámolo no disco “Raiceiras”, que recollen interpretacións orixinais de cantos de tradición popular e de transmisión oral. Este tipo de canto, en concreto o de sega, que aparece na pista 7 caracterízase por carecer de acompañamento e contar con melismas frecuentes. O intérprete goza de liberdade para a realización da melodía. O cantante chámase Jesús de Vilardemouros, como él ben dí na súa presentación. Este tipo de cantos as veces denominábanse alalas, debido ás súas terminacións en “ai la le lo….” Como ocorre en todos os cantos solísticos, e en case todas as coplas conservadas, divídese en estrofas de 4 versos, dos cales o 2º e 4º riman consoantemente.

Unha vez segado o trigo, traíase en feixes para as eiras e mallábase cos mallos ou manllos para separar o gran da palla. Este era un traballo para os homes, os mesmos que facían os palleiros. Nalgunha das coplas aparece mencionado o termo de “emparzas” que fai referencia a lugares, insistindo no tema da colaboración veciñal neste tipo de tarefas.

A malla de Vilanova
é unha malla moi honrada
xuntou xente de tres emparzas
e amontonouse a palla.

As mulleres encargábanse de limpar o trigo unha vez mallado. Empregaban os cribos, cos cales separaban o gran das impurezas.

O último paso do coñecido como ciclo do pan vai a ser o do muiño. A través del obtíñase a fariña e o salvado (casca do gran do trigo). En Galicia, o tipo de muíño máis común será o de rodicio, movido pola auga do río. Os muiñeiros, case todos eran ademáis labregos, obtiñan ingresos polo seu traballo, é o que se denomina a maquía (que é unha medida de fariña que eles moían). O traballo do muíño é lento, e dependendo da cantidade que houbese para moer, ás veces non compensaba marchar á casa, polo que había quen facia noite no muíño.

COPLAS CON REFERENCIAS Ó MUIÑO

Unha noite no muiño
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
eso si que é muiñada.

O muiño traina traina
o rodicio faina andare
a filla da muiñeira
rabea por se casare.

O TRABALLO DO LIÑO

O liño é unha pranta anual, e adoita recollerse cando lle cae a folla, no mes de agosto. O proceso de obtención de liñaza limpa é arduo, xa que necesita de varios pasos: o ripado( separar a semente da liñaza), afogado (sumerxir as hebras para conseguir que apodreza a casca que as recubre, durante 8 ou 9 días). Cando seca, despois dese proceso de empozamento, o liño vóltase de cor branca. Ainda despois diso hai que mazalo ou troupelalo. O seguinte paso é metelo no forno, rastrelalo( peitealo) para separar as hebras finas das grosas ( separar o lenzo da estopa) Por último fíase e ainda despois móllanse as madexas e sécanse ó clareo.

COPLAS CON REFERENCIAS Ó PROCESO DO LIÑO

Estamos no tempo de troupele troupele
Estamos no tempo de troupelear
Estamos no tempo de mazalo liño
Estamos no tempo do liño mazar.

Fía miña nena fía
de noite e de día
se non fiaras tanto
non te querería.

COPLAS MUSICAIS REFERIDAS A SANTOS E PATRONOS.

De entre todos os santos que celebran a súa festividade no verán, escollimos un pequeno grupo representativo, sobre os cales xurdiron estrofas e rimas. É habitual encadralas coplas na festividade temporal, pero xeralmente este tipo de cantos, sobre todo os de carácter taumatúrxico ou de milagres, empréganse indistintamente fóra do seu ciclo temporal. Un exemplo común é o bensavido costume de lembrarse de Santa Bárbara cando trona, ou de san Xudas cando perdemos algo de valor…

San Xoán celebra a súa festividade o 22 de xuño
Santiago celébraa o 25 de xullo
San Antonio o 13 de xuño
A Virxe da Barca de Muxía celébrase o ultimo domingo do mes de agosto.

Diferenciamos de entre algunhas, tres tipoloxías de versos segundo a súa temática: ou ben se refiren ó feito da romería ou da festa do devandito santo, ou aparecen como anecdota, ou realmente sí podemos ver reflectida unha oración pedindo a axuda do santo. De todas elas temos varios exemplos:

REFERENCIAS Á ROMERÍA

San Xoán pideu a Cristo
para que non o adormentase
para ver beilar o sol
o día d´a súa romaxe

————–
Miña nai e mai-la túa
as duas van na romaría;
malas novas vaán da túa
qu´a miña xa se volvía

————-
Meu santo Apóstol Santiago
este ano aló non vou;
po-la falta d´o diñeiro
moita xente se quedou

ANECDÓTICAS

San Antonio e o seu porco
iban por un camiñiño
iball´o porco dicindo:
dém´unha pinga de viño.

—————
Nosa Señora da Barca
alá vai po-la ribeira
collendo conchiñas d´ouro
meténd´as n-a faltriqueira.


PREGARIAS

¡Ai! Miña Virxe dá Barca
ai, miña Virxe, valeime
qu´estou n-o medio dó mar
sin ter barqueiro que reme.

————–
Santiago de Galicia,
espello de Portugal,
axudádem´á vencer
esta batalla real.

————–
San Antonio garde o gando
e mais o meu becerriño,
que está n-a corte bruando
po-la mai qu´é pequeniño.

AS DANZAS BRANCAS OU GREMIAIS.

Son varios os lugares de Galicia onde se conservan este tipo de danzas rituais, das que a máis destacable é a danza de espadas e penlas de Redondela:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/D9DErQuZvaY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dise destas danzas que posúen unha orixe ancestral. O feito de que se denominen danzas gremiais ten moito que ver co pulo e financiamento deste tipo de manifestacións dende as asociacións gremiais. Neste caso, falando xa de Redondela, a data do Corpus Christi convive cunha tradición pagana, que é a que daría orixe a este tipo de danza. Conmemóranse a victoria do pobo sobre un monstro coñecido como coca (denominación que tamén atopamos en lugares como Betanzos, Santiago ou Pontevedra) Este animal ou ser ten moito que ver coa superstición na tradición popular galega. Para os cristiáns galegos, sobre todo no medio rural, a loita do ben e do mal é algo cotián, por iso o mal ten os seus medios para perturbar as vidas das persoas: meigallos, mal de ollo, os animais salvaxes… É curioso que esta personificación do mal perviva hoxe en día inclusive en elementos arquitectónicos, como é a fonte do pazo de Ribadulla en Vedra (de época Barroca)

A victoria do pobo de Redondela, danzando ainda coas armas do enfrontamento, dará lugar á configuración dun baile con elementos que recordan ás espadas, hoxe en día, estos paos coñécense como penlas.

Denomínanse danzas brancas, polo atuendo dos bailaríns, sempre con roupa clara, adornadas con faixas e cintas. Xa no S. XVI existe constancia da existencia destas danzas e do seu particular vestiario.

Autores: Virginia Rosalía Lis Álvarez.
Diego Neira Sinde.
(6º Curso de Grao Profesional).